Foi necesario que pasase certo tempo dende o recente desaloxo desta okupa coruñesa para que, unha vez dixerido e asentado o seu triste e desalentador percorrido cara ó cadalso, me decidise a escribir sobre este doloroso episodio. E ao falar de tristura e desilusión non me estou a referir á que emana do desaloxo en si, algo consubstancial ao proceso de okupación e asumido dun xeito ou outro dende o inicio mesmo do proxecto, se non máis ben á situación interna na que se produciu ese suceso e ao escaso apoio social que soubo suscitar.
Agora imponse unha reflexión (ou varias) que saiban analizar os acertos e, moito máis importante, os erros, e traducilos en ferramentas eficaces para proxectos presentes e futuros. E non hai mellor forma de comezar unha análise que volvendo ao comezo e recapitular a historia desta okupa dende o principio.
Quen te viu e quen te ve
"La vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida". Pois si, pois si, queridos ciberamiguitxs. Acordádesvos do grupo "Sin Dios"? Si, aquel abandeirado do anarco-punk noventeiro (e dousmileiro), cenetoso ata a medula e pais de temazos como o de "1936, el pueblo se alza como un vendabal..." ou o de "Somos los duendes que habitan en las casas abandonadas...".
Pois ben, Canino, o batera e voceiro político de tan acratizada banda sorprendeu a propios e estraños presentándose (tatachán tatachán) ás eleccións!!! Así mismiño, de número sete por "Izquierda Unida" nos comicios europeos nada menos.
Como o oídes, coleguillas, de "seremos ingobernables" a "seremos los que os gobiernen". Lamentablemente (para o amigo Canino, que a nós nola pela) I.U. só sacou seis escanos, polo que o noso querido tránsfuga vaise quedar coas ganas. Ai Caninín, Caninín, quizais se te tiveses apuntado a "Podemos"...
6/6/2014
Brasil: Noites brancas e céus estrelados
A Copa do Mundo no Brasil e os sobresaltos internacionais da insurreiçom
A Copa do mundo nom é umha questom de futebol. Se um país se candidata à organizaçom deste evento isso é porque o futebol cumpre hoje a funçom que o espectáculo de gladiadores na Roma antiga teria, tal como é umha oportunidade inesperada para o Estado organizador avançar a passo largo no seu desenvolvimento económico e influência política. A Copa tem um custo monstruoso, no entanto o retorno sobre o investimento promete, quase de certeza, ser suculento. O Brasil, considerado como umha das grandes potências económicas mundiais, conta agora subir deste modo alguns degraus organizando a Copa e os Jogos Olímpicos.
[Grécia] Eleiçons europeias: Outra vez os polícias votaram massivamente nos neonazis
Informaçom facilitada por ANA:
Umha vez mais despois das eleiçons gerais de 2012 os “filhos dos operários” (segundo o Partido “Comunista”) votaram massivamente no partido neonazi Aurora Dourada. Nas últimas eleiçons europeias de maio de 2014 mais da metade dos polícias que vivem em Atenas votaram nos neonazis. Nom nos surpreende a actitude eleitoral dos mercenários da guarda pretoriana do Regime. Tampouco temos ilusons falsas do papel histórico das forças repressivas. Ademais, é bem conhecida e documentada a inter-relaçom entre a Polícia grega e os grupos fascistas-neonazis.
Máis sobre nosa compañeira Tamara.
Volto tocar o tema porque, ainda que considero que a rede non é lugar para falar e debater entre anarquistas, non logro entender aínda o posicionamento de ContraInfo que argumenta nunha súa Breve nota, entroutras coisas: "que é nosa a responsabilidade de ter facilitado a súa publicación en vez de censurarlo, (...) os publicamos cando os recibemos direitamente, sempre e cando o seu contido entra dentro das nosas condicións de publicación, e sempre garantindo a protección do seu anonimato. (...) Nom imos permitir que ninguén poña en perigo a confidencialidade do noso funcionamento interno. Ademais, non gardamos nengunha relación con xente que planexa ameazas, o con xente que aceptou indultos, (...). Pedimos desculpas por non ter engadido unha nota aclaratoria ao momento de publicar este texto".
Igual entendín mal, pero para min que se posicionan con quen enviou ou enviaron o texto da polémica, e contra de quen lles pede explicacións por publicalo.
O primeiro que quero dicer e que xa dixeron no seu comunicado o grupo de amigxs e compañeirxs de Tamara, e que nas normas de publicación de ContraInfo figura que se publican artigos ou textos que "non se moven dentro dos límites da decencia e do respecto á dignidade humana, dos datos persoais, da igualdade de sexos e de todos os seres humanos"; e ante iso caben dúas posibilidades, ou ben eu non entendo o mesmo, ou ben a peña de Contra Info descoñece as súas propias condicións de publicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario