A distribuidora alternativa "La Cruz Negra" de Uvieu, Asturiés veñen de tirar o libro "Son Amigos, No Comida" a prol daLiberación Animal; mais deixemos que sexan elas mesmas quen promocionen o seu producto, polo que colamos o texto que nos enviaron para promover a venda do libro nunha plataforma de "Crowdfunding" e destinar o 70% do recaudado a protectoras de animais de Asturies:
Somos a distribuidora "La Cruz Negra", somos unha distribuidora alternativa sen nengún ánimo de lucro de Uvieu, Asturies. Con muito traballo e esforzo escrebemos un pequeno libro chamado "Son Amigos, No Comida", é un libro de tan só 52 páxinas a prol da liberación animal, isto quere dicer, que cremos que os animais teñen uns direitos fundamentais cuio deber como seres humanos que somos, é protexer a toda costa; neste pequeno libro comentamos brevemente as atrocidades á que se ven submetidos a gran maioría dos animais nas granxas industriais, circos, acuarios, e multitude de lugares que, en definitiva, son o reflexo da man máis cruel do ser humano. Queremos sair adiante con a publicación deste libro non só para intentar facilitar dun xeito estructurado, sinxelo e breve a situación á que se ven submetidos unha boa parte dos animais (que é descoñecida por unha porcentaxe moi alta da poboación) senon tambén para amosar o noso apoio económico con o 70% do recaudado grazas á venta do respectivo libro a iniciativas tan enriquecedoras e gratificantes como ben poden ser as protectoras de animais de Asturies, dado que éstas en muitísimas ocasións vense limitadas de medios e poden verse na obriga de fechar, o que suporía o desamparo dos animais que forman parte da respectiva protectora.
En resumo, a publicación deste libro vai exclusivamente dirixida a prestar apoio económico a unha das protectoras de Asturies; porque todo animal ten direito a ter un fogar, estar con os seus, ser coidado e ter unha vida plena e feliz.
La Cruz Negra - Distribuidora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario