Acerca da II Feira do Libro Anarquista de A Guarda


Á espera da propria valoración das persoas que organizaran a Feira do Libro de A Guarda (e de máis participantes que queiran facela), recibimos na nosa caixa de correos as impresións do compa do blogue "La Rebelión de las Palabras", convidado a presentar o seu fanzine"Besos y Bombas", xunto a nós mesmas "Abordaxe" no mediodía do sábado, na segunda xornada:


Respostando á vosa sutil invitación a que as demáis participantes na II Feira do Libro Anarquista de A Guarda compartísemos as nosas impresións ó respecto, alá vou: 

Teño que dicir, antes de nada, que fiquei sorprendido, no mellor dos sentidos, ao ver o resultado do esforzo e traballo das compas de A Guarda e das demáis individualidades anarquistas galegas que dun xeito ou outro participaron para artellar esta Feira. Parabens a todas. O feito de que unha vila pequena e, en certo xeito, "perdida no mapa" coma A Guarda sexa quen de programar e levar a cabo con éxito unha convocatoria destas características, incluso acollendo compas doutras partes lonxanas do Estado ou da península (Madrid, Valladolid, Portugal... etc) é indicativo, na miña opinión, de que cando deixamos a un lado as limitacións autoimpostas e os complexos, é posible transformar os desexos en iniciativa e ésta en fructíferos encontros e proxectos que continúen
pavimentando esta nosa corredoira cara a liberdade.

A importancia que este tipo de eventos ten para o anarquismo galego (e de calquer outro lugar) é incalculable, non só por achegarnos materiáis editados noutros lugares nin pola oportunidade que nos ofrecen para compartir os nosos propios e espallalos máis alá do local e sen precisar de Internet (que aínda que é unha ferramenta moi útil para a difusión,
sempre elimina o compoñente humano do intercambio man-a-man e a discusión in situ dos propios materiáis), senón polo feito de xuntarnos, falar entre nós, asistir a palestras e actividades que enriquecen o debate e, resumindo, aprender a mellorar e a tecer outro tipo de relacións e de dinámicas, amosando, coma diría algún cidadanista nestes tempos, que SÍ SE PODE.

No relativo á valoración concreta das actividades, sería longo analizar por separado cada unha delas e aínda que sería o mellor aforrareino. Alén, sí me gustaría destacar a palestra do colectivo de "Madres contra la droga", interesante coma poucas vin últimamente e que relatou perfectamente tanto a labor deste colectivo coma o xeito no que dito traballo entroncou con loitas coma o movemento insumiso, o movemento okupa, as loitas autónomas ou o movemento antiglobalización, marcando unha traxectoria de loita que continúa e amósanos que incluso procedendo de realidades moi distintas, conectar os nosos desexos é máis simple do que pode semellar a simple vista.

Tamén me parece importante salientar a presentación dxs compas do "Grupo Anarquista Cencellada" de Valladolid, de quenes valoro o seu bó traballo tanto na escritura e edición do seu fanzine (presentado na Feira) coma no día a día da súa realidade local, saíndo dos guetos para, coma apuntaron elxs mesmxs durante a súa palestra, entrar nun gueto máis grande onde, en calquer caso, resultaba máis fácil o contacto con outras persoas non
necesariamente anarquistas ou libertarias pero sí fartas de tanta leria e palique e ansiosas por actuar contra este mundo de merda, de xeito autónomo e combativo, sen partidos nin vangardas. Rachemos coas barreiras que nos crean a linguaxe, as posicións elitistas ou a autorreferencialidade na que moitas caemos con frecuencia para manter un
certo "purismo", e salgamos ahí fóra, ó mundo real, onde podemos intervir sobre moreas de conflictos permitindo que conflúan e se fagan perigosos de verdade...

Por último, tamén considero destacable a palestra sobre a okupación e o movemento antidesafiuzamentos na Coruña (sobre todo para as compas de fora da Galiza que se cadra non coñecían a historia) e, especialmente, a presentación do proxecto dxs compas de Madrid, "Okupa, Resiste, Crea", o cal conta cunhas características que, na miña humilde opinión, marcan unha dinámica a seguir de cara a recuperar a okupación coma ferramenta
revolucionaria máis aló de certos estilos de vida "estériles" e outras miserias creadas ao seu arredor.

Ollo, isto non significa que o resto de palestras e presentacións non me parezcan importantes; todas as actividades me pareceron interesantes, pero creía positivo destacar estas tres baseándome no que a min, polo menos, me aportaron.

Sen máis, parabenizar de novo ás compas de A Guarda polo seu esforzo e polos bós froitos que colleitaron, e plantexar, coma posibilidade para un futuro máis ou menos inmediato, a idea de comezar a extender o virus e levar a feira tamén a outras cidades galegas. Penso que estaría xenial, pero bueno, todo ó seu tempo, calma e boa letra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario