[CP Monterroso] Solidariedade Roberto Pardiñas.


Damos pulo a esta convocatoria solidaria con Roberto Pardiñas, preso no CP Monterroso e participante na Campaña Cárcere=Tortura:

Saudos compañeirxs! Dende o grupo de apoio a presxs de Lugo queremos denunciar a actual situación de Roberto C. Fernandez Pardiñas, quen leva xa 6 meses con terribles dores de boca sen ter asistencia de nengún odontólogo.

De novo a deixadez e a vinganza con a que a institución se ceba con "xs luitadorxs" está tensando a corda con este compañeiro ao que están empurrando a tomar posicións desesperadas nun momento no que podería ter comenzado a disfrutar de permisos...

No pasado domingo acudimos un grupo de solidarixs ao centro de exterminio de Monterroso e presentamos unha queixa, nos vindoiros días se articulará unha denuncia contra os responsabeis.

Agora, durante esta semana, necesitamos da solidariedade de toda a xente: Convocase a facer chamadas telefónicas ao CP Monterroso pedindo falar con o director do cárcere e exixirlle que tome medidas en relación ao estado de saude de Roberto... respeituosamente .. pero deixando claro que él non está só.

TELEFONOS: 
982 37 70 43
982 37 71 40
982 37 72 13

No hay comentarios:

Publicar un comentario